Biocombustibles. Unha reflexión.
Todo aquelo que comenza por Bio sempre nos gustou moito. É algo ideal a nivel de marketing: Se o leva un alimento parece que estamos comendo directamente na horta (biofrutas, biosoja, bio de Danone,...) pero que a fin de contas non é máis que unha etiqueta dun producto previamente multi-manofacturado (por iso mesmo posteriormente regulouse o uso da palabra Bio).
Bio é vida en grego.
Cos biocombustibles vamos camiño dun fraude semántico semellante. Non nego que a procedencia destes combustibles non sexa a propia horta antes citada pero as súas repercusións poden ser de todo menos Bio. Non é Bio porque se deforestan superficies de árbores para poder cultivar cereal ou semellante para producir combustible. Non é Bio porque se deixa de cultivar alimento para o home e pola especulación económica que todo isto supón.
O sistema capitalista en xaque ante o momento no que máquinas e homes nos alimentamos do mesmo.
¿Imaxinádesvos que a situación de especulación e incremento económico do precio do petróleo se chegue a vivir de forma tan esaxerada cos alimentos básicos?... Algo disto xa o comenzamos a cheirar, e para que o cheiremos no "Primeiro Mundo" non che conto o que estarán a vivir outros lugares no que basean a alimentación no cereal (por exemplo).
Non nego as boas intencións dos que buscan alternativa ó monopolio do Petróleo pero négome a admitir que o futuro é o biocombustible. Sei que os Biocombustibles son algo máis que productos que veñen do maíz cultivado en calquer terra senón que tamén poden vir de restos de toxo, esterco,... (e todo sen perder o calificativo de Bio!!), pero hai algo que me dí que postos a producir vaise tirar máis polo maíz ou a caña de azúcar producida en latifundios que non por procesar esterco de vaca.
Todo se resume con unha viñeta do xenial debuxante Medina:
Apañados vamos se home e máquina nos sentamos á mesma mesa.
0 comentarios